Dakota 10 Santiago: un GPS específico para os itinerarios xacobeos
O Camiño de Santiago semella un importante pulo para a innovación tecnolóxico-dixital, tanto dende dentro da nosa xeografía como dende fóra. E de alén do territorio galego vén precisamente a nova achega da empresa norteamericana Garmin, especializada en solucións de navegación ao servizo das persoas que efectúen desprazamentos longos e desexen saber por onde pisan e, tamén, tirarlle partido os emprazamentos por onde se moven. Falamos do seu GPS “específico para os peregrinos do Camiño de Santiago”, máis polo miúdo unha edición especial do modelo Dakota 10, un equipo portátil particularmente deseñado para a viaxe todoterreo e que inclúe pantalla táctil e unha autonomía de até 20 horas. A achega Dakota 10 Santiago inclúe entre outras cousas as principais rutas de peregrinaxe que desembocan na praza do Obradoiro: Camiño Francés, Vía da Prata, Camiño do Norte, Camiño Primitivo e Aragonés. Asemade, incorpora máis de un milleiro de puntos de interese turístico da rede de peregrinación xacobea, achegando datos en detalle de onde durmir (albergues, cámpings, hostais, hoteis, casas rurais) e que visitar (igrexas, ermidas, monumentos civís, paraxes naturais, etc).
Alfonso Gutiérrez será o convidado da vindeira edición de Iniciador Galicia

O vindeiro 25 de marzo ás 19:00
horas terá lugar na Fundación Caixa Galicia sita na rúa Policarpo Sanz, 21 de
Vigo a vindeira
edición de Iniciador Galicia, encontro de emprendedores de base tecnolóxica
que principiará cun relatorio de Alfonso
Gutiérrez baixo o título de Ideas,
Fracasos e Liderazgo, no que fará un repaso pola súa traxectoria
emprendedora.
Gutiérrez é o máximo responsable do grupo Visual MS, nomeada o ano pasado como unha das mellores
empresas para traballar en España. Tamén recibiu en 2005 o premio á Mellor Xestión Empresarial da AJEP e o Premio Emprendedores 2001 da Fundación
Empresa Universidad Gallega.
Confusión ante a oferta de rexistro de dominios .gl por parte dunha empresa galega

A empresa galega de hospedaxe de páxinas web e rexistro de dominios de
Internet, Dinahosting, sorprendeu nesta xornada anunciando aos seus clientes
que ofrece a posibilidade de rexistrar dominios baixo o
sufixo estatal de Grenlandia (.gl) aludindo ao feito de que «soa a dominio GaLego», o que está a
crear certa confusión, pois por unha banda abre novas posibilidades, pero
ocasiona máis problemas que vantaxes, posto que os dominios .gl dependen dun
país estranxeiro, de xeito que as marcas españolas/galegas terían problemas
para a súa protección, á vez que existe certa inseguridade no uso destes
dominios, posto que non existen garantías de futuro sobre o mesmo (Grenlandia
podería limitar o rexistro aos seus cidadáns en calquera momento, e dende
Galicia non habería xeito de influír en tal decisión).
Microsoft podería permitir o uso de discos duros externos na Xbox 360
O Congreso aproba, pese ás críticas, a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual
O CNTG acolle este luns a presentación dun proxecto TIC de apoio a emprendedores
En marcha unha nova edición do festival cinematográfico de Tui: o certame Play-Doc
Telefónica inicia en Vigo o despregamento da súa rede de fibra óptica ata o fogar
![]() |
A Lei de Economía Sustentable podería aprobarse sen cambios
Pese á oposición popular, todo apunta a que este venres o Goberno vai aprobar a Lei de Economía Sustentable, recollendo na mesma a creación dunha Comisión de Propiedade Intelectual, que podería perseguir páxinas web de descargas que consideren que vulneran os dereitos de autor (pese a que ata o momento os xuíces estean a interpretar que son legais).
O Motorola Droid e o Samsung Galaxy Spica recibirán actualizacións a Android 2.1
En abril chegarán ao mercado español distintos terminais móbiles co sistema operativo Android 2.1, pero pouco a pouco vai dándose a coñecer que os móbiles con versións anteriores de Android gozarán de actualizacións de seu, confirmándose que estes días chegará a correspondente actualización tanto ao Samsung Galaxy Spica coma ao Motorola Droid (coñecido en España coma Motorola Milestone).
Os usuarios de BlackBerry queren pasar a iPhone e a Android
A xente de RIM vai ter que tomar nota dunha consulta entre usuarios de terminais BlackBerry na que aseguran en preto dun 40% que o iPhone será o seu vindeiro móbil e o 32% optará por un móbil con Android (utilizando o Nexus One coma exemplo de terminal que poderían mercar no futuro). Esta información contrasta co feito de que os usuarios de iPhone e Android prefiren manter os seus terminais actuais nun 90%.
GADGETS:
Commodore volve coma un ordenador integrado nun teclado

A mediados dos anos 80 os ordenadores domésticos Commodore 64 foron todo un
referente, conseguindo colocar uns 17 millóns de unidades no seu ciclo de vida,
dando lugar a unha familia de equipos que chegou ao seu teito cos Commodore
Amiga, ordenadores que competían na súa época cos Atari ST, os Apple e os IBM
PC, e que estiveron á venda ata 1994, cando Commodore acolleuse á bancarrota, de
aí que agora sorprenda que intente recuperar esta mítica marca, e agárdase que
para primeiros de xuño chegue ao mercado norteamericano un novo
equipo baixo a marca de Commodore, que o único que teñen en común cos
vellos ordenadores é o concepto de ordenador integrado no teclado.
· Base para o iPhone/iPod Touch apoiada por un reloxo por software
· Fujitsu presenta un portátil cunha autonomía de ata 18 horas
VIDEOXOGOS:
Splinter Cell: Conviction estrea demo para Xbox 360

Os usuarios da Xbox 360 que teñan contas Gold de Xbox LIVE estarán
encantados de recibir hoxe, xusto antes dunha ponte festiva, a versión de demostración do xogo Splinter
Cell: Conviction, que vén
de incorporarse para a súa descarga no Bazar de Xbox LIVE, de xeito que os
seguidores de Sam Fisher poderán continuar as súas aventuras, nesta ocasión na
procura dunhas armas rusas de destrución masiva roubadas en Washington D.C.,
onde deberá traballar cos seus antigos compañeiros da axencia Third Echelon.
· God of War III chega a España con 35.000 unidades reservadas
Colaboracións de Código Cero no programa Bos Días da TVG:
· Facenda forma aos empresarios de Vigo sobre as vantaxes da factura electrónica
· O CPEIG presenta á Administración o Corpo Oficial de Peritos especializados en informática forense
· O apagamento analóxico chegará a 110.000 galegos máis a semana que vén
· Filtran a imaxe da placa dunha futura Xbox 360 Slim
· O Ministerio de Interior premia a seguridade de Caixa Galicia
· Mediapro terá unha nova canle de TDT en aberto antes de rematar o ano
· Eroski Center achega a Galicia os seus pedidos en liña
· Boa acollida do primeiro cómic de Miguelanxo Prado para o iPhone
· As vendas do Nexus One continúan a un ritmo comedido
· Un servizo de videointerpretación permitiralle ás persoas xordas comunicarse por teléfono
· Google Reader faise máis visual
· O BNG propón no Congreso a concesión de licenzas de telefonía móbil para Galicia
· Gran aceptación de O Apóstolo na súa presentación perante socios e coprodutores
· O XGN abrirá as portas dos seus obradoiros a todo o público en xeral
· Blusens estrea unha televisión sobre IP
· Proseguen con normalidade os acendidos dixitais de As Neves e Arbo
· Relatorios de introdución ao Software Libre no IES de Oroso











