20 iniciativas dixitais galegas acadaron recoñecemento nos premios de AGESTIC

xoves, 14 de outubro do 2010 Fernando Sarasketa

Non abonda con facer tecnoloxía, cómpre promovela e recoñecela. Isto que é aplicable ao mundo, vale de igual maneira para a nosa terra, se cadra especialmente necesitada de novas liñas de produtividade que nos afasten de todo aquilo que motivou a crise. A sala de relatorios do Centro On de Caixa Galicia, en Santiago, converteuse este xoves nunha ollada ás moitas variantes que adoitan esas liñas na Sociedade da Información. A causa de todo isto foi a entrega de galardóns da primeira edición dos Premios INNOVA-G, un certame promovido pola asociación galega AGESTIC co apoio financeiro do IGAPE, a Consellería de Economía e o Fondo Social Europeo.
Os galardóns, que se articularon en dúas partes (os premios do xurado e os premios dos internautas), déronlle un importante pulo promocional a 20 proxectos tecnolóxicos do noso país, cada un deles “un claro exemplo de boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade”, sinalou AGESTIC.
A asociación, que horas antes da entrega destes premios quixo salientar o bo nivel de participación acadado (60 empresas con máis de 100 candidaturas), apoiou o certame sobre un feito que ao seu xuízo está fóra de toda dúbida: o importante talento que atesoura o noso tecido produtivo, neste caso no eido dixital.
A entrega de galardóns, que contou coa presenza de diversos representantes das empresas recoñecidas e das institucións que apoiaron o evento (IGAPE, Modernización, Secretaría Xeral de Medios, Dirección Xeral de Promoción do Emprego, Universidade de Vigo - Escola Superior de Enxeñería Informática e Grupo Femxa), desenvolveuse co pleno convencemento de que á primeira edición do certame vaina suceder un bo número de convocatorias nos anos vindeiros. A listaxe de premiados polo xurado, constituído por profesionais das devanditas entidades e institucións, quedou da seguinte maneira:
· Mellor idea de negocio 2.0 - mellor start-up galega Gañador: Webphone, o botón que converte os visitantes web en clientes.
Servizo click to call, para facilitar o contacto telefónico entre as empresas e os seus clientes de xeito gratuíto. Foi desenvolvido por IP Web Services.
Finalista: Binaurality, método para aprender a entender idiomas
Finalista: Meubook, espazo de edición e venda
· Mellor emprendedor/a galego/a 2.0 Gañador: Pleiteando.com, tu red social jurídica!
Rodolfo Alonso Albella, un lucense licenciado en Dereito creador da primeira rede social xurídica de fala hispana.
Finalista: Yolatta Escaparates, unha nova forma de entender escaparatismo
Finalista: miBrujula.com
· Mellor campaña social media Gañador: Paco & Lola Albariño
Adega de viños Paco & Lola Albariño, con gran difusión en Internet a través de diversas canles da web 2.0
Finalista: Campaña X1euro
Finalista: Primate en las redes sociais
· Mellor iniciativa galega de apoio á innovación Gañador: Innovación Novaxove
Blog de Caixanova dedicado exclusivamente á innovación e a amosar que se pode e se debe emprender.
Finalista: Master en Creación, Dirección e Innovación na empresa
Finalista: Iniciativas Medioambientais Novaxove
· Mellor desenvolvemento 2.0 Gañador: Jobsket
Portal de emprego gratuíto para rexistrar currículos e enviar ofertas de emprego de múltiples portais dunha maneira innovadora e sinxela.
Finalista: Krynea Imperial Wars
Finalista: ikiMap, crea e comparte os teus mapas
· Mellor aplicación para dispositivos móbiles Gañador: Bolsa de Emprego para móbil do Concello de Santiago
Sistema desenvolvido pola firma Loroestudio para o envío de ofertas de emprego, cursos e bolsas ao móbil dos seus subscritores.
Finalista: BLUGUIA. O Camiño de Santiago en GPS
Finalista: Binaurality · Listen and Learn
· Mellor solución tecnolóxica móbil Gañador: Receita de cómo enviar maxia ó teu móbil
Plataforma deseñada por OnTouch para a publicidade mediante o envío de contidos vía bluetooth ós móbiles dos interesados.
· Mellor deseño para todos Gañador: "Setembro", A película
Páxina web do filme "Setembro", cun deseño e desenvolvemento (obra de Inxenio Internet Consulting) comprensible e navegable para persoas con algunha discapacidade.
Finalista: Mancomún
Finalista: Dameuntoke
· Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns Gañador: LibroWeb educativo
A web entra na aula e na casa de profesores e alumnos da man de LibroWeb. Obra da firma Netex Knowledge Factory.
Finalista: BILDO · Tradutor Universal
Finalista: Plataforma de reflexión "A Cidade dos barrios"
· Mellor desenvolvemento de RSE Gañador: Igualdade e emprendemento social en "RuraisLAB Galicia"
Laboratorio cidadán para o desenvolvemento rural baseado na innovación, a igualdade e o emprendemento. Impulsado por Vmodal Interactive.
Finalista: Touro Comercial
Finalista: Comercute
· Mellor desenvolvemento audiovisual en Internet Gañador: Web Sara Lage e Maru Calderón
Páxina web das deseñadoras de moda Sara Lage e Maru Calderón, creada cunha orixinal e innovadora posta en escena. A web foi desenvolvida pola firma Sond3.
Finalista: Web Hachedè Visual
Finalista: O tempo da memoria
Premiados polos internautas
· Mellor idea de negocio 2.0 - mellor start-up galega
Gañador: Nova Xestión Cultural. Traballo en Rede no eido da Cultura

Luis Fontes Pérez foi recoñecido coma mellor emprendedor galego 2.0 por miBrujula.com

· Mellor emprendedor/a galego/a 2.0 Gañador: miBrujula.com
· Mellor campaña social media Gañador: Campaña X1euro
· Mellor iniciativa galega de apoio á innovación Gañador: Master en Creación, Dirección e Innovación na empresa
· Mellor desenvolvemento 2.0 Gañador: Krynea Imperial Wars
· Mellor aplicación para dispositivos móbiles Gañador: BLUGUIA. O Camiño de Santiago en GPS
· Mellor solución tecnolóxica móbil Gañador: Receita de cómo enviar maxia ó teu móbil
· Mellor deseño para todos Gañador: Dameuntoke
· Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns Gañador: Rede de comunicación Xuvenil Dameuntoke Narón
· Mellor desenvolvemento de RSE Gañador: Igualdade e emprendemento social en "RuraisLAB Galicia"
· Mellor desenvolvemento audiovisual en Internet Gañador: Web Hachedè Visual

PUBLICIDADE