A Coruña e Igaciencia volven premiar a innovación tecnolóxica do alumnado galego

martes, 29 de outubro do 2024 S. P.

A entidade galega de divulgación tecnolóxica e científica Igaciencia resolveu o palmarés dos premios do seu XV Concurso Galego de Robótica, destinados a exaltar o talento da rapazada dos nosos centros educativos en materia de tecnoloxía creativa e STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática). Os galardóns, nos que participaron máis de 800 alumnos de 30 centros da xeografía galega, foron resolvidos na Coruña a semana pasada, logo da celebración do concurso entre o 21 e o 25 de outubro. O certame contou novamente coa colaboración do Concello da Coruña.
No transcurso da gala final, o concelleiro de Educación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, destacou o posicionamento da Coruña como incubadora de proxectos tecnolóxicos.
No concurso de drons, o IES Menéndez Pidal alzouse co premio ao centro da Coruña mellor clasificado, o IES Agra do Orzán co mellor premio na categoría 4º da ESO e na na categoría de 1º a 3º da ESO, o Colexio Divino Maestro de Ourense
Na disciplina de robótica, o centro educativo coruñés que obtivo a mellor clasificación foi o IES Agra do Orzán, na categoría de 4º da ESO, Bacharelato e FP o IES nº1 de Ribeira e de 1º a 3º da ESO para a Fundación Divino Maestro de Ourense.