A Deputación de Pontevedra encarga a CreappContos unha aplicación para dar a coñecer a Castelao entre os nenos
venres, 21 de outubro do 2016
Con motivo de festexar o Ano Castelao e co
obxectivo de achegar ao senlleiro artista de Rianxo cara o público
máis novo nace a aplicación educativa As
viaxes de Castelao. Unha proposta
da Deputación de Pontevedra, creada pola empresa pontevedresa
CreappContos, que era presentada esta semana como unha ferramenta
didáctica e cunha linguaxe actual para amosar lles
aos máis pequenos
quen era Castelao.
AsÃ, na presentación desta app estiveron
o responsábel de CreappContos,
Toño Escudero, o ilustrador, VÃctor Rivas, e o deputado de Cultura
e Lingua, Xosé Leal. Asemade, tamén acudiron á estrea: docentes,
responsábeis de espazos culturais dos concellos, profesionais que
realizan obradoiros... Arredor de 35 persoas de centros educativos de
Pontevedra, Poio, A Estrada, MarÃn, ou Ribadumia; persoal técnico
dos concellos, concelleiros e concelleiras, e representantes de
empresas de dinamización e animación cultural infantil, como Polo
correo do vento e a editora OQO.
En que consiste a aplicación? Os usuarios
poderán
crear escenas, construÃr historias e resolver quebracabezas sobre as
principais etapas da vida de Castelao.
Con esta
aplicación poderase crear e compartir dende calquera lugar do
mundo contidos (quebracabezas, contos, audio-contos e postais)
xerados a través da propia app, que logo se poderán imprimir.
Trátase dunha aplicación para tabletas, estará dispoñÃbel en IOS
(Apple) a nivel global e pode descargarse de balde dende a páxina do
ente provincial baixo o tÃtulo As
viaxes de Castelao.