A ETSE de Santiago festexa o seu patrón cunha chea de recoñecementos

xoves, 16 de abril do 2015 Redacción

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC celebrou hoxe o día do seu patrón (Leonardo da Vinci) cunha actividade que incluíu relatorios, un repaso polas accións máis salientábeis levadas a cabo polo centro e, tamén, a entrega de diferentes recoñecementos para a comunidade de estudantes e investigadores. O acto foi presidido polo vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira. Durante a xornada, o director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Javier García Tobío, pronunciou a conferencia CESGA: computar para competir. Logo da lectura da memoria de actividades do centro do curso pasado a cargo da secretaria, Purificación Cariñena Amigo, desenvolveuse a entrega de galardóns.
Os premios resoltos foron os seguintes: o Leonardo á Docencia en Enxeñaría Química a Marta Carballa Arcos, Mª Sonia Freire Leira, Eva Rodil Rodríguez, Mª Teresa Moreira Vilar, Ana Mª Soto Campos e Antonio Sousa Pedrares; en Enxeñaría Informática a José Carlos Cabaleiro Domínguez, Mario Antonio Lado Campelo e Alejandro José Tobar Quintanar; no Máster en Enxeñaría Ambiental a José Antonio Aldrey Vázquez, Gumersindo Feijoo Costa, Mª da Alba Nogueira López e Elena Mª Peña Vázquez; no Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos a Gumersindo Feijoo Costa, Anuska Mosquera Corral e Ana Mª Soto Campos; e no Máster en Tecnoloxías da Información a Paulo Félix Lamas, Roberto Iglesias Rodríguez e José Varela Pet.
Os premios Leonardo á Investigación concedéronse a Gumersindo Feijoo Costa, Juan Manuel Lema Rodicio e Mª Teresa Moreira Vilar, do Departamento de Enxeñaría Química; e a Antonio J. García Loureiro, Julián Flores González e Roberto Iglesias Rodríguez, de Electrónica e Computación.
O Premio Coremain ao mellor traballo de fin de grao e de Máster en Enxeñaría Informática recibiuno Sabela Alexandra Sobrino San Martín e do Máster en Tecnoloxías da Información foi para Pablo José Viqueira Becerra. O que entrega VIAQUA ao mellor traballo de fin de máster en Enxeñaría Ambiental recolleuno Tomás Francisco Allegue Martínez. Ademais, María González Iglesias, Carlos Maquiera González e Patricia Seoane da Silva recolleron o premio á Calidade Lingüística polo traballo Planta de produción de caprolactama.
Segundo nos conta a Universidade de Santiago, na mesma cerimonia desenvolveuse a entrega dos premios extraordinarios de doutoramento e fin de carreira, aos mellores TFM, TFG e PFC. Na súas diversas categorías e titulacións foron premiados Raúl Valín Ferreiro, Ian Vázquez Rowe, Vanessa Sesto Varela, Yovanna Gómez Castro, Tomás Francisco Allegue Martínez, Diego Antonio Pérez Montes, Silvia Núñez Rubinos, Constantino Antonio García Martínez, Bárbara Marina Daudé Santos, Carlos Maquieira González, Brais Bosquet Mera, Mª del Pilar Otero López, David López Rivas, Diego Antonio Pérez Montes, Javier López Fandiño, María González Iglesias, Adrián Soto Paz, Nara Vega Prado, Sergio Nogueiras Fernández, Roberto Noya Noya, Jorge Alberto Suárez Garea, David García Rielo, Vanesa Teijeiro Seijas e Raúl Villoch García.
Na categoría de mellores expedientes recolleron os seus respectivos premios Vanessa Sesto Varela, Carlos Maquieira González, Brais Bosquet Mera, Tomás Francisco Allegue Martínez, Diego Antonio Pérez Montes, Constantino Antonio García Martínez e Silvia Núñez Rubinos.

PUBLICIDADE