A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación renova a súa dirección

mércores, 4 de marzo do 2015 Redacción

A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) celebrou hoxe o proceso de elección de director, cargo que recaeu en Íñigo Cuíñas con 70 votos a favor, 7 en branco e 2 en contra na Xunta da Escola que considerou atinada esta remuda natural, xa que Cuíñas formaba parte do equipo directivo da Escola, encabezado por Edita de Lorenzo, quen despediuse do cargo agradecendo o seu esforzo tanto ás persoas que traballaron nos dous equipos directivos de ambos mandatos, como de toda a comunidade do centro. De Lorenzo continuará ligada aos cargos de xestión como coordinadora de mestrado da EET.
Íñigo Cuíñas foi o único candidatos a ocupar a dirección da EET, cargo que ocupará durante os vindeiros 3 anos, nos que estará acompañado por Manuel Fernández como subdirector de Organización Académica, Loreto Rodríguez como subdirectora de Calidde, Francisco Javier Díaz como subdirector de Extensión, Enrique Costa como subdirector de Internacional, Miguel Ángel Domínguez como subdirector de Infraestruturas, Generosa Fernández como coordinadora de grao e, como xa mencionamos, Edita de Lorenzo como coordinadora de máster.
Nesta nova etapa o renovado equipo de dirección procurará potenciar a proxección internacional do centro, traballar para as persoas e achegar a Escola á sociedade.

Francisco J. Díaz, Enrique Costa, Miguel A. Domínguez, Íñigo Cuíñas, Manuel Fernández e Loreto Rodríguez forman o novo equipo directivo

PUBLICIDADE