A LaconNetwork de xullo dianta a súa celebración ao vindeiro xoves

luns, 21 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Continuando o seu periplo pola costa sur de Galicia en período estival, a LaconNetwork prepárase para un dos máis refrescantes os encontros gastronómicos de profesionais e emprendedores do sector tecnolóxico galego, que este mes, por mor de coincidir o último venres co Día de Galicia, adianta a súa celebración ao xoves día 24, elixindo como enclave para este evento El Náutico de San Vicente do Grove, o que permitirá que, aparte do xantar no que degustarase paella, sexa posible gozar de actividades variadas e divertidas (padelsurf, canoas, buceo...).
Aínda que a parte central deste encontro sexa a habitual sesións de networking onde os profesionais TIC poderán relacionarse, precederaa un relatorio de Pedro Clavería González, emprendedor tecnolóxico con responsabilidades en Rocket Internet, compañía dende a que leva a dirección xeral de Cuponation para España e América latina.
Para participar nesta edición da LaconNetwork haberá que formalizar a súa inscrición e aboar 20 euros para sufragar o xantar.

PUBLICIDADE