A Maker Faire Galicia está aberta á recepción de argalleiros

martes, 26 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Tal e como comentamos a semana pasada, a Compostela Mini Maker Faire vai reeditarse transformándose en Maker Faire Galicia, que desenvolverase entre os días 1 e 2 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia co reto de superar os resultados do ano pasado, cando xuntou a 138 expositores e atraeu a 18.202 visitantes.
Este encontro de argalleiros galegos medra, deixando de ser Mini e buscando facer visible a produción colaborativa da Galicia máis innovadora. Queda así constancia que temáticas tan variadas como a robótica, a impresión 3D, a gastronomía, a electrónica, a artesanía, a música ou a arte urbana son susceptibles de beneficiarse da cultura Maker, tal e como exporase a través de obradoiros, mesas redondas, presentación de proxectos, espectáculos e actividades para todos os públicos destas xornadas organizadas por Enrique Saavedra e Marcos Saavedra (VermisLAB), Matilde Rodríguez (O Gato Cósmico) e Chus Prol (Doutroxeito Coworking).
A Maker Faire Galicia está aberta á recepción de makers e patrocinadores.

PUBLICIDADE