A NBA sube ao carro do vÃdeo envolvente
venres, 21 de outubro do 2016
Os subscritores de NBA League Pass, servizo que custa
16,99 euros/mes ou 149,99 euros/ano, non só poderán ver todos os partidos da
NBA en directo en dispositivos con iOS e Android, en consolas de videoxogos ou
en trebellos como o Apple TV, o Chromecast ou o reprodutor Roku, e gozar tamén
de repeticións á carta, senón que a liga de baloncesto profesional nos EE.UU.
anunciou que grazas a un acordo acadado con NextVR emitirán
como mÃnimo un partido á semana en realidade virtual, de xeito que esta
competición deportiva convértese na primeira do mundo en ofrecer este avance
tecnolóxico de xeito regular.
A finais de mes publicarase cal será o calendario completo deste formato
innovador, coñecéndose polo momento que o primeiro enfrontamento que chegará de
xeito envolvente será o partido entre os Sacramento Kings e os San Antonio Spurs
o vindeiro dÃa 27.
A experiencia que achegará NextVR
está orientada a posuidores dun casco Samsung Gear VR e un smartphone de
Samsung compatible, para os que está dispoñible a aplicación móbil de NextVR na
tenda de aplicacións Oculus Home (na que pode verse unha demostración de balde
na canle de NBA integrada).
AÃnda que normalmente enténdese que as retransmisións en VR son vÃdeo en 360
graos, neste caso non serÃa asà (agás con algunhas excepcións) de xeito que a
experiencia limitarÃase normalmente aos 180 graos, ou sexa, a ver os encontros
deportivos como se un usuario fose un espectador máis no estadio (para o que a
vista traseira non engadirÃa información útil).