A Navalla Suíza contribúe á comunidade con dous proxectos de software libre
martes 28 de abril do 2009, por | |
| Compartir |
A Navalla Suíza,
empresa galega responsable do desenvolvemento de páxinas web coma QuinTV ou
Flocos, baixo o lema de Investigamos +
Desenvolvemos + Compartimos está a
distribuír parte do código dos seus proxectos de xeito aberto, para que
calquera poida descargalo e utilizalo para as súas propias aplicacións web, o
que é unha interesante achega ao código aberto.
Os primeiros proxectos en publicarse dentro desta iniciativa son o framework de
CSS coñecido coma cSans (que
facilita a creación de follas de estilo para todos os navegadores web
coñecidos, facendo doada a maquetación web en base a unha grella) e phpCan, framework escrito en PHP 5
que facilita a construción de páxinas web mediante unha estrutura ordenada
baseada no sistema MVC (Modelo, Vista, Controlador) e que tamén contén un
xestor de contidos autoxerado e pode dividir a web en escenas.
Estes proxectos aínda están nunha fase de maduración, e nos vindeiros meses
veremos como non só evolucionan estes códigos, senón como tamén vaise
enriquecendo a súa documentación e os seus titoriais, que incluso chegarán a
xeito de screencasts (vídeos nos que
se fan explicacións paso a paso para instruír sobre o manexo destas novas
solucións).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














