A Nintendo Switch sairá á venda o 3 de marzo
venres, 13 de xaneiro do 2017
A pasada madrugada Nintendo emitiu a presentación oficial da súa nova consola a través de YouTube, a Nintendo Switch, que busca deixar pegada ao proporse como a primeira grande consola hÃbrida entre sobremesa e portátil, e que confirman que sairá á venda o vindeiro 3 de marzo a un prezo aÃnda non anunciado publicamente para España, pero que segundo a información que teñen en distintas tendas serÃa de 329,95 euros, polo que serÃa máis cara que a Xbox One e a PlayStation 4, o que dá que pensar que terá un inicio lento, e haberá que agardar á afastada campaña de Nadal para poder ver se realmente esta nova máquina consegue o éxito que moitos confÃan que acade.
A consola
A consola incluirá os mandos Joy-Con que se colocarán á
esquerda é á dereita da consola para o control fÃsico dos xogos en mobilidade,
asà como cun soporte para estes mandos que facilitará o seu acomplamento para
que funcionen como un único mando (cando se queira usar coa consola sobre a
mesa ou conectada ao televisor); tamén conta cunha base para conectar a consola
ao televisor, o cable HDMI e o adaptador de corrente que pechan este produto
que tamén será compatible cun mando Pro (na liña dos que teñen as consolas de
videoxogos actuais. A Nintendo Switch sairá á venda en dous modelos: un cos
mandos Joy-Con en cor gris, e outra cun mando en cor vermello neon e outro en
cor azul neon.
AÃnda que o uso principal da consola é conectado ao televisor, cando gozará da
súa máxima potencia, o usuario pode optar por empregala en mobilidade, gozando
asà dos xogos na súa pantalla de alta definición de 6,2 polgadas (con funcións
multi-táctiles) e baterÃa que pode achegar até 6 horas de autonomÃa (aÃnda que
nos xogos máis esixentes quedarÃa na metade de tempo). Como grande vantaxe, en
mobilidade poderemos cargar a consola a través dun conector USB.
Cómpre detallar que os Joy-Con están pensados para empregarse de distintos
modo, sendo o máis completo a colocación de ambos mandos nun soporte, aÃnda que
tamén será posible repartir cada mando lateral entre dous usuarios, para asÃ
poder gozar de modos multixogador nos xogos compatible. Dende Nintendo destacan
que os mandos contan con acelerómetro e xiroscopio, de xeito que aceptarán
control por movemento, o que poderÃa abrir moitas posibilidade.
Pero ambos
mandos non son simétricos nin teñen as mesmas prestacións, e asà o botón que
facilita as capturas de pantalla está no Joy-Con esquerdo, mentres que o
Joy-Con dereito é o que conta con NFC (para poder empregar as figuras amiibo) e
unha cámara infravermella de movemento (para poder detectar a distancia, a
forma e o movemento dos obxectos próximos nos xogos deseñados para tal fin).
Para promover a comunicación con outros xogadores, a Nintendo Switch conta con
modo de comunicación sen fÃos local de até 8 consolas, e tamén permitirá o
multixogador en liña a través de Wi-Fi, servizo que será de balde no lanzamento
pero que a partires do outono precisará dunha cota de subscrición como acontece
no resto de consolas actuais.
Os xogos
AÃnda que os pratos fortes da Nintendo Switch serán os xogos da
propia Nintendo, o lanzamento da nova consola fixo que moitos estudios externos
desen unha nova oportunidade á consola que carecerá de bloqueo rexional, e asÃ
a nova consola poderá contar con tÃtulos como FIFA, The Elder Scrolls, NBA 2K ou Minecraft, polo que non serán poucos os que se acheguen a esta
consola como un xeito de gozar dos supervendas do ano nunha versión máis portátil. Como curiosidade, Capcom
anunciou un xogo da súa saga de loita estrela, pero en vez de basearse na súa última
iteración, recorre á súa versión máis clásica, e achegará a Nintendo Switch o
xogo Ultra Street Fighter II: The Final
Chapters incorporando ao xogo un par de novos loitadores (Evil Ryu e
Violent Ken).
O xogo reclamo da Nintendo Switch é, sen dúbida, The
Legend of Zelda: Breath of the Wild, que aÃnda que tamén estará
dispoñible para Wii U, a súa grande versión será a de Switch, ofrecendo un
Zelda de mundo aberto realmente impresionante e que, por fortuna, será un
tÃtulo de lanzamento, polo que o 3 de marzo poderá mercarse na súa edición
estándar e tamén nunha edición limitada que incluirá un CD coa banda sonora do
xogo e unha figura da Espada Mestra da vida.
Outros xogos interesantes serÃan 1-2-Switch
(con probas para dous xogadores que enfrontaranse cara a cara), ARMS
(xogo de combate multixogador que sairá en privamera), Mario Kart 8 Deluxe (o clásico xogo de carreiras de Mario, que
estará dispoñible a partires do 28 de abril), Splatoon 2 (secuela do grande shooter
para todos os públicos que no verán promete arrasar), Super Mario Odyssey (a grande sorpresa do dÃa, por amosar un Mario
de mundo aberto que en vez de estar ambientado no Reino Champiñón traslada a
acción ao planeta Terra e que chegará de cara ao Nadal) e Snipperclips - ¡A recortar en compañÃa! (un xogo de quebracabezas e
acción que sairá en formato descargable en marzo).
VÃdeo de presentación da Nintendo Switch
VÃdeo cunha selección de xogos confirmados para Nintendo Switch