A PS4 recibe unha importante actualización
martes, 28 de outubro do 2014
A
PlayStation 4 está a recibir a versión
2.0 do seu software de sistema, con nome chave Masamune, que incorpora numerosas melloras moi agardadas entre as
que destaca especialmente a función Share
Play, que permite crear unha experiencia cooperativa en liña e local, de
xeito que podemos convidar a un amigo a unirse a unha partida aÃnda que non
teña unha copia do tÃtulo ao que estamos a xogar.
Con esta actualización tamén chega unha nova aplicación de YouTube, que permite
cargar os mellores momentos das nosas partidas dende a PS4 a YouTube premendo
só o botón Share do mando da consola;
ofrécense novos temas e cores para personalizar o fondo de pantalla de inicio;
mellóranse as emisións en vivo (grazas á incorporación de opcións como os
filtros de busca e a compatibilidade con emisións arquivadas; redeséñase a área
de contido para facer máis doado organizar a biblioteca da PS4; facilita a
obtención de suxestión de xogadores no apartado de novas; e incluso engade a
posibilidade de poder reproducir en segundo plano a música que carguemos dende
memorias USB conectadas á consola.
VÃdeo de presentación da nova versión do software de sistema da PS4