A PlayStation 4 prepárase para o Nadal con ofertas

xoves, 1 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Un ano máis Sony estrea na PlayStation Store a súa habitual contra atrás para o Nadal, con ofertas moi especiais que achegan un xogo rebaixado cada 2 días, ou sexa, que completa 12 Ofertas de Nadal, comezando por Rise of the Tomb Raider: 20º aniversario, xogo que normalmente ten un prezo de 59,99 euros e que nesta ocasión pode adquirirse por 29,99 euros, polo que é unha magnífica oportunidade para facerse coa nova aventura de Lara Croft agora que está dispoñible para PlayStation 4 (tras un período en exclusiva para Xbox One e PC).
Pero a cousa non remata aí, e até o 23 de decembro tamén lanzaron unha oferta na que ofrecen unha selección de 47 xogos ara PlayStation 4 e 65 xogos para PlayStation 3 que permite levar 2 títulos pagando só o de maior prezo e incluíndo grandes xogos como The Last of Us Remasterizado, The Witcher 3, Far Cry Primal ou Assassin’s Unity, aínda que cómpre detallar que non é posible mesturar plataformas na oferta. No caso da PS3 os xogos resultan bastante económicos (pois custan 14,99 ou 19,99 euros, o que repartido entre 2 títulos convértese nunha auténtica ganga), mentres que os de PS4 custan 29,99 ou 39,99 euros (o que fai que resulte máis interesante combinar títulos no mesmo rango de prezo para que resulte rendible a compra).

O 2x1 nunha selección de xogos de PS4 e PS3 estará dispoñible até o 23 de decembro

PUBLICIDADE