A USC achega un curso en liña para axudarnos a crear empresas tecnolóxicas

venres, 23 de xaneiro do 2015 Redacción

A Universidade de Santiago vén de achegar un novo recurso formativo para favorecer o camiño de crear unha empresa innovadora. Trátase dun curso en liña no que se definen, entre outras cousas, o marco as claves para a constitución de Empresas de Base Tecnoloxía (EBT). A actividade, que vén da man de Uniemprende, vaise desenvolver do 13 de febreiro ao 13 de marzo cunha carga lectiva de 40 horas. Diríxese sobre todo a xestores de proxectos de creación de empresas nas universidades, a persoal universitario que desexe crear unha EBT como resultado da actividade investigadores, a emprendedores/as e a persoal que traballo na área de asesoramento á creación destas empresas.
O curso, que achega unha oferta limitada de prazas, achega formación “sobre o réxime xurídico das EBT con especial atención ás particularidades do coñecemento universitario e a súa transferencia empresarial, o sistema de creación dunha empresas destas características, a participación do persoal universitario e o réxime de incompatibilidades e as relacións entre a Universidade e as EBT”, informa a USC.
O encargado do desenvolvemento dos temas será Carlos A. Gómez Otero, secretario xeral adxunto da USC e experto en materia legal sobre creación de empresas de base tecnolóxica.

PUBLICIDADE