A Xbox One estrea sintonizador de TDT en España
martes, 21 de outubro do 2014
Cando se presentou a consola Xbox One resultaba evidente que
estaba orientada ao mercado norteamericano por elementos como contar cunha
entrada HDMI para poder coller o sinal de sintonizadores de televisión por
cable sobre o que presentar contidos enriquecidos, pero a partir de hoxe este
tipo de prestación está ao alcance do público español, xa que Microsoft
pon á venda un sintonizador de TDT a un prezo de 29,99 euros.
Co sintonizador de televisión dixital terrestre a Xbox One permite que se poida
gozar de canles de televisión mentres se xoga a pantalla partida (algo bastante
atractivo cando estamos a agardar a alguén nunha partida multi-xogador), facer
pausa en directo das transmisións televisivas (de xeito que unha interrupción
non fai que nos perdamos parte da emisión que estamos a seguir), consultar a
gúia de televisión en pantalla, poder gozar da guÃa de programación a través de
dispositivos SmartGlass e poder acceder a contidos baixo demanda.
Este accesorio é compatible con emisións DVB-T, DVB-T2 e DVB-C (ou sexa, que
funciona tanto coa TDT como co sinal en aberto de operadores de cable como R) e
para poder empregar a funcionalidade de pausa en directo da televisión precisa
de até 4 Gb de almacenamento interno.
VÃdeo de presentación do sintonizador de TDT para Xbox One