A Xbox One rebaixa o seu prezo durante o mes de xullo

xoves, 2 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O último vídeo promocional da consola Xbox One no que figuran os xogos que estarán dispoñibles para a consola de Microsoft durante os vindeiros meses, conformando o mellor catálogo de cara á campaña de Nadal deste ano, inclúe un faldón cun anuncio no que anuncian unha interesante promoción para facerse coa consola de nova xeración, que será a súa rebaixa oficial de prezo de 399,99 a 359,99 euros durante todo o mes de xullo.
Aínda que pode dar a impresión de que rebaixa de 40 euros pareza que sería o equivalente a regalar un xogo coa compra da consola, realmente non é así, xa que a baixada de prezo non afecta só á consola solta, senón que tamén afecta a varios dos lotes, como o que inclúe Rayman Legends, Assassin’s Creed Unity e Assassin’s Creed IV: Black Flag, o que vén con Halo: The Master Chief Collection e o de Sunset Overdrive (edición que vén coa consola en cor branca).
Por desgraza, quedarían fóra da promoción o pack da consola Xbox One co xogo The Witcher: Wild Hunt e, a nova Xbox One con disco duro de 1 TB, que mantén un prezo de 449,99 euros.
Con esta oferta Microsoft busca dinamizar as vendas no verán, á vez que tamén busca captar usuarios para Xbox One co reclamo de que este ano a PlayStation 4 carecerá de grandes lanzamentos exclusivo, mentres que a consola de Microsoft contará con títulos como Halo 5: Guardians, Forza Mostorsport 6 e Rise of the Tomb Raider, á vez que tamén recibirá a retrocompatibilidade con xogos de Xbox 360.


Último vídeo promocional da Xbox One

PUBLICIDADE