A Xunta dá luz verde ao novo Plan de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015
xoves, 23 de decembro do 2010
O Consello
da Xunta deu
hoxe o seu visto e prace ao novo Plan de Investigación, Innovación e Crecemento
2011-2015 elaborado pola ConsellerÃa de EconomÃa e Industria que, dotado
cun orzamento inicial para o vindeiro ano de 192 millóns de euros e co
compromiso de que no 2012 e sucesivos anos en ningún caso se establezan contÃas
inferiores, ten o obxectivo de impulsar a competitividade da economÃa galega
nun ámbito global e innovador para acadar uns niveis de produtividade que
contribúan ao crecemento de Galicia e garantan un modelo social baseado no
coñecemento e no benestar.
Engarzado co
Plan Estratéxico de Galicia e conectado coa estratexia da UE de acadar un
investimento do 3% do PIB neste eido no 2020, o novo Plan Galego reflicte unha
clara e contundente aposta da Xunta pola investigación e a innovación, ademais
de instaurar un cambio de modelo que pasa por extremar a eficacia dos
investimentos, cunha xestión onde se extremen os mecanismos de control dos
recursos públicos de cara a garantir o retorno dos investimentos e a súa
capacidade para xerar riqueza.
A prioridade
establecida no Plan para a nova polÃtica de I+D+i da Xunta é dispor os recursos
necesarios e promover as relacións necesarias para que o coñecemento xerado
polos axentes do Sistema Galego de Investigación e Innovación sexa posto en
valor -en termos económicos- polos propios axentes en primeiro termo,
solucionando asà unha eiva importante das polÃticas asociadas ao Plan que agora
remata a súa vixencia.
O novo Plan
Galego de Investigación, Innovación e Crecemento resolverá, en primeiro lugar,
os problemas derivados dunha escasa atención á creación de valor e á
explotación económica dos resultados da investigación. Mediante liñas de
actuación especificamente dirixidas á empresa darase soporte ao aumento da
competitividade económica con base na innovación, e no que se refire ao sistema
público de I+D+i, o acento porase na optimización da transferencia de
resultados da I+D ao sector produtivo, o que reverterá directamente no aumento
dos seus recursos propios para continuar o seu labor cientÃfico.
Por este
motivo, respondendo ao obxectivo de acelerar a transición ata un modelo
económico baseado na xeración de coñecemento, o Plan reflicte que a formación
de recursos humanos constitúe un dos activos prioritarios na tarefa da
transferencia de resultados para gañar en competitividade, e mantense unha
aposta sen fisuras pola formación de profesionais en todas as etapas capaces de
involucrarse na creación de valor e mais no fornecemento dun modelo sustentable
para a I+D+i galega a través de liñas de actuación para a xestión do talento e
a consolidación de grupos de referencia para que o investimento público reverta
en crecemento empresarial baseado no coñecemento transferido para producir
innovación.
Hai que
destacar que o novo Plan, na procura irrenunciable de avanzar e impulsar as
sinerxÃas entre os axentes do Sistema Galego de I+D+i recolle o apoio a
proxectos singulares en tres campos de coñecemento con especial proxección
desde o ámbito universitario galego, como son as tecnoloxÃas e as ciencias da
vida, centrado na potencialidade investigadora concentrada no Campus Vida da
USC; as ciencias do Mar, relacionado co potencial do Campus do Mar liderado
pola Universidade de Vigo; e a ciencia e tecnoloxÃa forestal, dada a súa
importancia para Galicia.
Ademais, a
estratexia non esquece, no ámbito da innovación empresarial, os programas
sectoriais que definen as áreas de coñecemento e competitividade en que Galicia
ten un maior potencial (saúde, alimentación, agricultura, pesca e
biotecnoloxÃa, TIC, nanociencias, nanotecoloxÃas, materiais e novas tecnoloxÃas
de produción, enerxÃa, ambiente, transporte, seguridade, ciencias
socioeconómicas e humanidades, turismo, e construción e enxeñarÃa civil).
O documento
aprobado hoxe polo Consello da Xunta recolle tamén como elemento diferenciador
co anterior plan a avaliación continua de resultados a todos os niveis, con
mecanismos de control e sistematización dos seus resultados para valorar a súa
repercusión no sistema galego de I+D+i co obxectivo de converter o plan nunha
ferramenta práctica e dinámica para garantir a flexibilidade e capacidade de
reacción necesarias nun contexto exixente.