A Xunta de Galicia compromete o seu apoio para crear o dominio .gal
xoves 2 de xullo do 2009, por |
Enviar por e-mail |
| Compartir

- Representantes da Asociación Puntogal reunidos co actual presidente da Xunta hai uns meses
Esta mañá unha
representación da Asociación PuntoGal conformada polo seu presidente, Manuel
González, o vicepresidente, Camilo Regueiro, e o secretario, DarÃa Janeiro, foi
recibida por Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación
Tecnolóxica e de Presidencia, e Anxo Lorenzo, secretario xeral de PolÃtica
LingüÃstica da ConsellerÃa de Educación, quen transmitiron á asociación o apoio da
Xunta de Galicia para a creación dun dominio para a lingua e cultura galegas,
o .gal.
Dende a Asociación PuntoGal deron conta das xestións que se levaron a cabo a
prol da consecución dun dominio galego na Internet, e adiantaron que cara a
finais de 2009 agárdase que ICANN publique a guÃa final na que consten todos os
requisitos que deben cumprir as candidaturas para obter o dominio e que esperan
poder recibir as primeiras solicitudes no primeiro trimestre do 2010.
A Asociación leva traballando dende 2006 nesta tarefa, e xa conta con numerosos
apoios tanto particulares coma de institucións coma colexios profesionais,
asociacións culturais, medios de comunicación, universidades, asociacións culturais
e empresas.









