A Xunta investirá 19 millóns de euros para mellorar o acceso á Rede nos centros educativos

mércores, 25 de novembro do 2015 Redacción

Alberto Núñez Feijoo, presidente do Goberno autonómico, avanzou que o Consello da Xunta aprobará mañá unha nova partida educativa de 19 millóns de euros para dotar con acceso a Internet a 100 Mbps a todos os colexios públicos de Galicia.
Por outra banda, o titular da Xunta sinalou que o Goberno galego fixo unha aposta decidida polos servizos públicos, tal e como se reflicte nos sete presupostos que o Goberno impulsou e que foron aprobados polo Parlamento galego. A través deles, o 80% da totalidade dos recursos que temos os galegos cada ano se destinaron ao mantemento dos servizos públicos.
Feijoo lembrou que a primeira lei que garante a calidade dos servizos públicos foi aprobada no mes de abril por este Goberno. Unha lei, que tal e como subliñou, está orientada a garantir a calidade dos servizos públicos e que establece un plan plurianual de inspección, que será aprobado proximamente, e inclúe mecanismos de análise de demandas e mecanismos de análise das queixas dos usuarios.

PUBLICIDADE