A aplicación LEME incorpora milleiros de novos recursos

mércores, 23 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Hai pouco máis dun ano o Consello da Cultura Galega estreou LEME, unha aplicación móbil que quere axudar a descubrir os equipamentos e recursos culturais galegos, e agora que esta ferramenta de balde para iOS e para Android está consolidada, non quere parar de medrar, e anuncia a incorporación de máis de 12.000 novos recursos chegados de Turgalicia e de iniciativas cidadás, como é a entidade Patrimoniogalego.net, de xeito que aprovéitase o potencial de LEME para achegar ao público a través do móbil unha inmensa cantidade de recursos localizados xeograficamente, resultando de grande utilidade para atopar equipamentos culturais por toda a nosa comunidade.
A base de datos de LEME está a ser moi ampla, destacando a categoría de patrimonio cultural, que conta con 9.947 recursos catalogados, seguida polas 4.514 entradas na categoría de equipamento cultural e os 1.375 rexistros de patrimonio cultural.
LEME tamén permite xeolocalizar 38 centros de interpretación, 46 teatros e auditorios, 134 cines, 295 museos, 391 galerías de arte e 639 arquivos e bibliotecas.
LEME nutriuse inicialmente dos contidos das bases de datos de información xeográfica do Consello da Cultura Galega, como o Mapa de Equipamentos Culturais, os Roteiros da Cultura Galega e o proxecto As Escolas da Emigración, ofrecendo de partida máis de 6000 localizacións ao longo de toda Galicia. A aplicación foi desenvolvida tecnicamente pola empresa Sixtema.

PUBLICIDADE