A aplicación móbil de PayPal abandona Windows Phone e BlackBerry

xoves, 26 de maio do 2016 Marcus Fernández

A aplicación móbil de PayPal para iPhone e para Android renovou a súa interface de xeito profundo, pero este cambio vai ir máis aló da estética, e agora informan de que, para traballar dende o móbil coa súa plataforma de pagamentos, será preciso empregar como mínimo a versión 6.0 da súa aplicación, dispoñible para Android 4.0.3 ou superior e para iOS 8.1 ou superior, o que supón a partires do 30 de xuño as aplicacións móbiles anteriores deixarán de estar operativas, deixando fóra de xogo a usuarios de sistemas operativos móbiles en decadencia, como serían Windows Phone e BlackBerry.
Deste xeito os usuarios de Windows Phone que queiran empregar PayPal só poderán recorrer á súa versión web, acontecendo o mesmo con smartphones BlackBerry, aínda que nestes últimos o que si se mantén é a posibilidade de remitir cartos a través da aplicación de mensaxería BBM.
Estamos ante unha difícil decisión para PayPal, pero os recursos necesarios para manter en activo plataformas con cada vez menos usuarios non resultaba xustificable, converténdose en todo un lastre para crear a mellor experiencia posible nos sistemas que empregamos no noso día a día.

PUBLICIDADE