A beta de Destiny chega a Xbox One

mércores, 23 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Tras unha parada da beta do xogo Destiny, que o 17 de xullo estreouse para PlayStation 3 e PlayStation 4, volve esta fase de proba da nova produción de Bungie, aproveitando a reactivación para abrirse tamén aos usuarios de Xbox One até o vindeiro domingo. Deste xeito os usuarios da consola de nova xeración de Microsoft xa poden botar un ollo a esta experiencia que bebe das fontes da anterior creación de Bungie, a saga Halo, polo que adopta unha ambientación de ciencia ficción en primeira persoal, pero muda de contexto ao converterse nun xogo masivo multixogador con toques de rol, dando lugar a unha fusión que pretende converterse en todo un referente.

Destiny contará con 3 clases de personaxe

Os usuarios poderán elixir entre 3 clases distintas dentro do xogo (Hunter, Titan e Warlock), con cadansúas habilidades e árbores de progreso, así como con funcións de personalización (podemos definir a raza, o sexo, a cara ou o corte de pelo dos personaxes), polo que non estariamos ante un simple xogo de acción, senón que ofrece un lenzo sobre o que debuxar unha historia na que poderase cooperar con outros xogadores para emprender complexas misións.
A nivel gráfico tamén temos un xogo con grande nivel de detalle, texturas de alta resolución e modelados moi coidados, que impresionarán ao usuario dende o primeiro momento, dando a impresión de que estamos ante un dos xogos que marca o camiño que seguirán moitos outros títulos para a nova xeración.

PUBLICIDADE