A ciberseguridade e a criptografÃa serán os temas centrais do Hacking Nivel Mega
xoves, 9 de febreiro do 2023
O
Colexio
Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), a
Cátedra R, a plataforma Armis, a fundación Gradiant e empresas do
sector tecnolóxico (InprOTech,
Cloud.gal, Forensic & Security e Qualinnova) organizan este
venres 10 de febreiro a xornada Hacking
Nivel Mega,
un evento lúdico-formativo sobre ciberseguridade no Museo
Mega de Estrella Galicia da Coruña de 16 a 20:30 horas.
A
vogal do CPEIG, Pilar Vila Avendaño, sinala que os obxectivos son
apoiar a comunidade ciber galega creando un evento distendido que
sirva de encontro e networking
para os profesionais, asà como ser un entorno para que os estudantes
de FP e universitarios podan achegarse a este mundo.
A
actividade, á que asistirá o presidente do CPEIG, Fernando Suárez,
terá 70 participantes que visitarán o museo e gozarán da
experiencia dunha cata de cervexa e un servizo de maridaxe de
queixos. Na parte máis académica, celebraranse dúas charlas sobre
ciberseguridade, nas que intervirán Juan González MartÃnez, de
Gradiant, que falará sobre CriptografÃa
(e tamén matemáticas...) maridadas con cervexa, que pode saÃr mal?
para
explicar como, mediante a resolución dun reto, pódese aprender
sobre vulnerabilidades criptográficas; e o especialista en
ciberseguridade Joel Senra Moreno, que analizará a cuestión do RFID
en controis de acceso e sistemas de autoservizo.