A gamificación na empresa centrará unha xornada no CDTIC

martes, 23 de setembro do 2014 Marcus Fernández

As autoras do libro Gamificación participarán nesta xornada

Ante o interese que xorde ao redor da gamificación aplicada á empresa, no Centro Demostrador TIC acollen unha xornada titulada Aplicación da famificación na empresa: motivación e produtividade, na que buscan que xerentes, directores xerais, responsables de recursos humanos, marketing, comunicación e publicidade en empresas ou institucións poidan formarse sobre este concepto que pode mellorar a captación ou fidelización de clientes, reducir os custos ou incrementar a motivación dos traballadores. Trataranse os beneficios que achega a gamificación como estratexia, metodoloxía e técnica, na súa versión analóxica e tecnolóxica, así como a súa implantación efectiva, detallando casos de éxito.
Esta actividade formativa está organizada pola empresa galega Imaxin Software e a catalá Marinva. Desta última compañía chegan as relatoras Imma Marín e Esther Hierro, autoras do libro Gamificación: Cómo utilizar los juegos en la gestión empresaria y en la conexión con los cliente, que estarán acompañadas polas galegas Luz Castro Pena e Silvia López Gómez, con grande experiencia no desenvolvemento de xogos dixitais e aplicacións interactivas.
A xornada celebrarase o 2 de outubro de 10:00 a 14:00 horas na sala de formación do CDTIC (Santiago de Compostela).

A gamificación centrará unha xornada formativa no Centro Demostrador TIC

PUBLICIDADE