A guÃa social móbil Imos? estrea versión 2.0 con novas funcionalidades
martes, 23 de abril do 2013
- Imos? está dispoñible para Android e iOS
A xente de GalApps sorprendeunos no seu dÃa ao atreverse a
lanzar unha guÃa social galega para móbiles de pagamento chamada Imos?,
que facilita a localización de furanchos, tabernas e casas de comidas de
Galicia, asà como os máis de 900 areais de Galicia, polo que resulta unha
ferramenta de grande utilidade para descubrir locais onde poder xantar ou tomar
un bo viño do paÃs, e que tira proveito dos seus usuarios para enriquecer a
información dispoñible.
Tras ter unha moi boa acollida (chegou a colocarse
no 6º posto das aplicacións de pagamentos da App Store española, liderando
a categorÃa de Comida y bebidas) a
aplicación non quedou parada, senón que mantÃvose viva e en constante evolución
ata chegar á versión 2.0 que estréase hoxe e que renova o seu deseño e engade
funcionalidades como subir lugares e fotografÃas de xeito automático (pódense
subir novos locais instantaneamente dende a aplicación), facer check-ins en Foursquare dende Imos? e incorporar a posibilidade de
avisar de datos ou imaxes erróneos.
Lembremos que en Imos? temos unha boa
guÃa que tira proveito da xeolocalización, amosando no mapa furanchos, tabernas,
praias e oficinas de turismo que teñamos ao noso redor, facilitando non só a
valoración dos locais visitados e consultar os comentarios doutros usuarios,
senón tamén compartir as nosas descubertas a través de Facebook e Twitter, para
que os nosos coñecidos poidan saber tamén deses tesouros enogastronómicos
dispersos por toda a xeografÃa galega.
A aplicación para Android e iPhone está dispoñible en galego, español e inglés, e intégrase co TradutorGalego desenvolvido por
GalApps, de xeito que pode tirar proveito da tradución automática para facer
máis accesibles os seus contidos.