A iniciativa LabRural amosará en Culturgal o seu potencial de desenvolvemento para a nosa terra
mércores, 28 de novembro do 2012
Temos entre nós un novo proxecto
colectivo en marcha dedicado, en boa medida, a tirar proveito do
potencial das novas tecnoloxÃas no desenvolvemento de aqueles
espazos xeográficos que teñen máis complexo, precisamente, o seu
desenvolvemento, ameazados como están por un proceso xeral de
despoboamento. Falamos dos espazos do noso rural e, tamén, do
proxecto LabRural, iniciativa de raizame galego-asturiana centrada en
tomarlle o pulso ás contornas non urbanas con ferramentas
tecnolóxicas. E todo co fin de atopar novas fórmulas de
dinamización. A proposta, botada a camiñar o ano pasado, vén da
man de Francisco e Esperanza Porto (Betanzos) e RocÃo Osorio
(Xixón). Para quen queira saber máis dela, será presentada no
marco da feira Culturgal, en
Pontevedra, esta fin de semana.
Malia a súa breve traxectoria, xa
serviu para a posta en marcha de diferentes experiencias rurais. Un
exemplo é #kedarte, na que ao
longo de seis meses realizáronse investigacións de territorio,
exame das necesidades da poboación e diferentes obradoiros
tecnorurais. O cumio desta liña de traballo, informan as súas
impulsoras, foi a xuntanza de máis de 30 creadores de diferentes
recantos da PenÃnsula que, en catro xornadas, tiveron a oportunidade
compartir as súas experiencias e participar activamente coa
veciñanza dos lugares nos que se levou a cabo o proxecto. Houbo
conferencias, instalacións, obradoiros tecnolóxico-dixitais,
espectáculos.
LabRural ten no seu punto de mira,
arestora, a Estremadura e Soria. Na primeira das dúas comunidades
concéntrase en Peloche, onde se está a impulsar a primeira fase do
proxecto, que se artella a través da documentación e visualización
de ferramentas precisas para levar a cabo as intervencións
tecnolóxicas. Por outra banda, en Soria vaise realizar #kedarte2012,
mentres en Salamanca (o vindeiro 13 de decembro) organÃzase II
#kedarteRedes, encontro de artistas sobre cultura en rede.
Como
dixemos, o vindeiro 1 de decembro, sábado, presentarase LabRural na
feira da cultura galega Culturgal (Pontevedra), no espazo
OFFCulturgal, ás 17.00 horas. A cita servirá entre outras cousas
para sentar os alicerces dun LabRural galego.
Para máis
información sobre estas e outras xeiras de traballo, podemos visitar
o blog La Lata Muda (Revista
dixital de arte experimental), de Francisco Porto, onde se dá
conta en detalle das distintas actividades previstas.