A revista Yorokobu achega contidos dende os móbiles a través de tattoos

venres, 27 de febreiro do 2015 Redacción

A revista de creatividade e innovación Yorokobu vén de incorporar unha nova forma de conectividade que permite ler os seus contidos dende calquera dispositivo a través de tatuaxes. Máis polo miúdo, a través dos tattoos deseñados por Juan Díaz-Faes. Isto é posíbel grazas a unha tecnoloxía desenvolvida dende Barcelona coñecida como Captoorama, que permite vencellar contidos dixitais da máis variada índole a imaxes imprimidas na nosa pel.
Por certo que esta ligazón Captoorama-Yorokobu foi presentada na cita de febreiro de The App Date (cita celebrada cada mes en Madrid co apoio da Fundación Telefónica e Correos) con notábel éxito, saudándose como un xeito de avanzar as pasos de xigante no concepto de Internet das Cousas, que é como se coñece a conectividade e achega de información dos nosos obxectos máis próximos.
Segundo conta o equipo de Yorokobu a conto da dita colaboración, o que se buscaba era chegar aos lectores mediante “unha proposta estética atractiva”. Con este fin, contouse cos deseños dun mellores ilustradores españois, Juan Díaz-Faes, e integralo todo nas novas correntes que adopta a Sociedade do Coñecemento. A proposta de Yorokobu de ligar a súa publicación ao mundo da Internet das Cousas ten o seu xermolo na idea de que "a tecnoloxía está para mellorar o mundo pero tamén para divertirnos, por iso pensamos que as tatuaxes de Captoorama eran unha maneira sorprendente de descubrir os nosos contidos".

PUBLICIDADE