A semana que vén abrirase a convocatoria dun novo programa Innterconecta

xoves, 23 de abril do 2015 Redacción

O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela, foi o encargado esta mañá de abrir a xornada sobre novidades no financiamento público á I+D+i

Esta mañá, durante a apertura dunha xornada sobre novidades no financiamento público á I+D+i impulsada por GAIN e o CDTI, o director de Promoción e Cooperación deste último ente, Andrés Zabara, adiantou que está previsto que o vindeiro día 30 ábrase a convocatorio da terceira edición do programa Innterconecta, que contará con 110 millóns de euros para impulsar proxectos innovadores en cooperación de consorcios entre de 2 a 6 empresas.
Do mesmo xeito, no encontro tamén se achegou información sobre outros instrumentos a disposición das empresas galegas como o Programa Estratéxico de Consorcios de Investigación Empresarial (CIEN) do CDTI, cuxo prazo de presentación de solicitudes permanece aberto ata o vindeiro 5 de maio.
Este programa financia grandes proxectos de investigación industrial e de desenvolvemento experimental, impulsados en colaboración por agrupacións empresariais e orientados á realización dunha investigación planificada en áreas estratéxicas de futuro e con potencial proxección internacional. Persegue ademais fomentar a cooperación público-privada no ámbito da I+D polo que require a subcontratación relevante de actividades a organismos de investigación.

PUBLICIDADE