A semana que vén retomaranse as quedadas compostelás de tuiteiros

mércores, 29 de outubro do 2014 Marcus Fernández

Os encontros informais ao redor das plataformas sociais na Rede continúan a manterse vivos na nosa comunidade, e un evento que está a recuperar os seus folgos e TwitSCQ, que o vindeiro día 5 de novembro ás 20:00 convoca no SCQ Café Bar da rúa das Orfas, 2, de Santiago de Compostela a usuarios de Twitter que son, están ou gustan de Compostela para pór cara a outros tuiteiros con semellantes inquedanzas e pasar un bo momento.
Estamos ante o retorno dunha serie de encontros que pretende manterse periodicamente o primeiro mércores de cada mes, recuperando así unha tradición que viña celebrándose dende o mes de maio de 2009.

Imaxe dunha pasada edición de TwitSCQ

PUBLICIDADE