A vindeira fin de semana poderase xogar en rede de balde coa PS4

luns, 22 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Os posuidores dunha PlayStation 4 que aínda non decidisen se subscribirse ao servizo PlayStation Plus terán a vindeira fin de semana a oportunidade de poder gozar do xogo en liña na súa consola totalmente de balde. Esta promoción botará a andar o vindeiro día 26 ás 9:00 horas (rematando á mesma hora do día 29), buscando así que os usuarios que merquen a partires do 25 de setembro o xogo FIFA 15 poidan probar o seu modo multi-xogador durante unha fin de semana, gozando así cunha Open Multiplayer Weekend de auténtico luxo.
PlayStation Plus é un servizo imprescindible para poder gozar dos modos multixogador da PS4, podendo empregarse a mesma subscrición coa PS3 e a PS Vita, e incluíndo tamén máis de 60 xogos ao ano, descontos nas compras de contidos descargables e até 3 Gb de almacenamento na nube.

PUBLICIDADE