AGADER amplÃa o prazo para solicitar subvencións de acceso á Internet de banda larga vÃa satélite no rural galego
luns, 25 de agosto do 2014
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución pola
que se amplÃa ata o 30 de setembro de 2014 o prazo de presentación de
solicitudes de axuda para garantir o acceso a Internet de banda larga vÃa
satélite á poboación das zonas con máis dificultades de cobertura debido ao seu
illamento, dispersión e complicada orografÃa. O Goberno galego convocou en
marzo de este ano estas subvencións nas que se investirán 359.000 de euros para
facilitar o acceso a Internet vÃa satélite aos galegos que non poden dispoñer
deste servizo a través doutras tecnoloxÃas. A nova ampliación publicouse no DOG
do pasado luns, dÃa 18.
Esta
ampliación de crédito realÃzase porque a pesar de que se aprobou un número
elevado de solicitudes é previsible que se poidan atender aÃnda máis. Tendo
en conta isto e co obxecto de beneficiar o maior número posible de solicitantes
e incrementar e garantir o acceso á Internet de banda larga vÃa satélite nas
áreas rurais, AGADER amplÃa o prazo de presentación de solicitudes de axuda ata
o 30 de setembro.
Con estas axudas a Administración busca avanzar un paso máis na
equiparación da calidade de vida entre o rural e as contornas urbanas, axudando
á fixación de habitantes e empresas no medio rural, e contribuÃndo a mellorar a
súa competitividade. As axudas tramitaranse a través das empresas provedoras do
servizo de Internet vÃa satélite acreditadas como entidades colaboradoras pola
Xunta.
Beneficiarios e importe das axudas
Con este investimento facilitarase a conexión a Internet a unhas 2.400 familias
e empresas con enderezo en Galicia que non poidan dispor de acceso de banda
larga, de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxÃa.
Este programa de axudas establece unha única subvención por
enderezo destinada a sufragar os gastos de instalación, cunha contÃa máxima de
150 euros e condicionado á permanencia no servizo durante un ano. O usuario
deberá contratar un servizo de banda larga vÃa satélite de cando menos 2Mbps de
velocidade de baixada. A alta de liña e o importe da tarifa do primeiro mes
será asumido pola entidade colaboradora e, por tanto, gratuÃto para os
beneficiarios.