PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

AGESTIC proponlle á Xunta solucións TIC para axudar ao Comercio Minorista

mércores 19 de maio do 2010, por Raquel Noya | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Co principal obxectivo de facer máis competitivo e paliar o “retraso tecnolóxico” no que aseguran que está sumido na actualidade o Comercio Minorista de Galicia, a Asociación Galega de Empresas TIC vén de presentarlle ao Goberno galego un completo Informe no que se recollen as pautas a seguir para modernizar e dotar de maior competitividade este sector. Esta entidade considera que dende a Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e dende a Dirección Xeral de Comercio de la Xunta de Galicia, “é preciso acometer con seriedade e eficacia unha serie de políticas incentivadoras do uso das TIC que modernicen ao pequeno comercio”, un sector que non está, segundo palabras dos responsables do Informe, “en condicións tecnolóxicas de competir con franquías, grandes superficies e centros comerciais e ao que está golpeando duramente a crise económica”.
AGESTIC, realizou este Informe para poñer de manifesto as necesidades de inclusión na Sociedade da Información das microempresas e autónomos do sector do comercio independente en Galicia, que presentan un “serio déficit” en canto a equipamentos informáticos, programas de xestión comercial, acceso á Internet e páxinas web.
Segundo afirman dende a entidade, as axudas e subvencións da Xunta de Galicia nos últimos anos “apenas contribuiron a paliar a fenda dixital na que se atopa o sector, ben por non estar axeitadamente orientadas ás súas necesidades ou ben porque as solucións informáticas eran complicadas e de difícil asunción por un colectivo que ademais de equipamento tamén necesita formación, autorización e mantemento”.
É por isto que AGESTIC propón que calquera axuda ou subvención que se faga dende a Xunta “se plantexe tomando en conta a opinión das asociacións do sector, e facendo unha análise da situación tecnolóxica dos destinatarios e das necesidades a cubrir”.
AGESTIC ofrécelle á Xunta de Galicia a súa colaboración para identificar as mellores solucións e empresas que colaboren nun proxecto integral de implantación TIC con axudas e subvencións ao comercio galego, dende o principio de libre concurrencia e libre adquisición polo comerciante, entre outras couas, dos produtos, aplicacións e servizos.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS