AJE Vigo acollerá un curso sobre comercio electrónico

xoves, 11 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro 10 de marzo botará a andar en AJE Vigo un curso organizado por José Alcañiz, un dos responsables de Quipup, a través de Esterea, titulado Ecommerce. En busca do cliente perdido, que en 5 sesións de tarde de 4 horas cada unha debullará as chaves do comercio electrónico, procurando trasladar a experiencia dos relatores aos alumnos. Estas xornadas formativas estarán impartidas por José Alcañiz, Víctor Gómez Romero, Fernando Gómez (Predomina) e Pablo López (Hacce Soluciones) e ten un custo de 175 euros para socios de AJE Vigo e de 350 euros para o resto de alumnos.
O curso afondará na tenda en liña (xestores de contidos, usabilidade, estratexia...), a captación de tráfico para as tendas na Internet, as vendas (usabilidade, conversión, analítica web...), os clientes (e-mail marketing) e o futuro (venda a través de marketplaces, plataformas de xestión de produtos, estatísticas...).

PUBLICIDADE