AS Computer organiza un safari fotográfico polo casco histórico compostelán

mércores, 25 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Os clientes da tenda compostelá AS Computer, Premium Reseller de Apple, poderán participar o vindeiro venres de 16:00 a 20:00 horas nun safari fotográfico en Santiago de Compostela no que aprenderán a sacar partido ao iPhone ou o iPad para a fotografía, coñecerán fundamentos de fotografía e afondarán no uso de aplicacións para iOS coas que sacar e compartir fotografías (como Instagram).
Para participar nesta actividade hai que ser cliente do establecemento, rexistrarse por correo electrónico no safari e levar un iPhone ou iPad o venres, así como calzado cómodo para emprender un percorrido polo centro histórico da cidade. Os participantes recibirán un certificado de asistencia e unha camiseta de AS Computer.

PUBLICIDADE