Abengoa muda os seus datacenters á nube

xoves, 20 de xullo do 2017 Marcus Fernández

A multinacional enerxética Abengoa vén de dar un grande paso no que respecta ás súas infraestruturas tecnolóxicas ao desfacerse dos seus datacenters corporativos migrando as súas funcionalidades á nube de Microsoft Azure de xeito que adoptan así unha nova estratexia cloud-only que podería supor unha redución do 52% nos seus custos de partidas operativas mantendo os niveis de servizo e dispoñibilidade axeitados.
Abengoa pasou así dunha estratexia de cloud-first a unha de cloud-only, para o que adoptaron un escenario multi-cloud no que elixiron a Microsoft como plataforma preferente pola eficiencia de custos a curto prazo e as integracións cos demais produtos xa implantados na compañía.
Entre as vantaxes da migración a Azure está a transformación de custos fixos en variables, xa que os custos evolucionan en función do uso dado á plataforma, o que supón un importante aforro. A nivel de seguridade tamén é moi interesante gozar do ecosistema de solucións de seguridade de Microsoft, así como en protección, contando agora coa posibilidade de facer copias de seguridade de todas as máquinas virtuais e con opcións de recuperación de desastres máis asumibles que no seu formato tradicional.

PUBLICIDADE