Ábrese a inscrición para a vindeira edición de Coruña Bloggers

luns, 16 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

Os encontros mensuais de Coruña Bloggers retomaranse a semana que vén tras o parón do Nadal na súa nova sede, a Fundación Barrié, que o vindeiro día 25 a partires das 19:30 horas acubillará a un nutrido grupo de profesionais e entusiastas do mundo das bitácoras de Internet que xúntanse para compartir coñecementos e experiencias, contando tamén cunha finalidade solidaria, xa que prégase aos asistentes que acudan cun mínimo de 1 quilogramo de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica da Coruña (confiando en superar en breve a tonelada de alimentos aportados).
A xornada abrirase coa xornalista Bárbara G. Vilariño, quen actualmente traballa como asesora de comunicación nunha axencia para a transformación dixital de empresas e colabora con medios como Pikara Magazine e ElDiario.es, e a súa charla abordará a curación de contido para conseguir un blog de éxito.
Seguiraa Miguel Florido, consultor e profesor de marketing dixital e redes sociais. Esta última charla, titulada Como convertín a miña paixón na miña profesión, destacará por realizarse a través de streaming, de xeito que os asistentes verana na pantalla xigante do salón de acto da Fundación Barrié, contando igualmente cunha quenda de preguntas.
Tras as charlas formais a sesión completarse cun #CoruñaBloggersBeers nun local de hostalaría próximo, La Taberna de Rita. Os interesados en participar neste encontro poden solicitar a súa entrada de balde a través de Eventbrite.

PUBLICIDADE