Adiantan algunhas tarifas e prezos do iPhone 4 en España
mércores 28 de xullo do 2010, por | |
| Compartir |
Dun
xeito tan absurdo coma vén sendo habitual nos lanzamentos dos distintos iPhone,
as tarifas e os prezos do iPhone 4, que porase á venda o vindeiro venres, aínda
non están totalmente claras (cando a súa contratación debería decidirse coa
suficiente antelación para poder contrastar as distintas ofertas que hai no
mercado), e a única compañía que deu a coñecer tanto as
tarifas que poderán contratar os usuarios do iPhone 4 así coma os prezos do
terminal nas súas distintas modalidades (alta nova, portabilidade,
migración e plan de puntos) foi
Movistar, compañía que venderá o terminal de Apple con 32 Gb de
capacidade por un prezo máximo 469 euros para altas novas ou migración cunha tarifa
de datos de 15 euros/mes, podendo chegar o móbil a saír de balde no caso do
modelo de 16 Gb con portabilidade a unha tarifa de datos de 25 euros/mes cun
Planazo Global de voz (con prezos de a partir de 59,9 euros/mes). Aínda que as
tarifas de Movistar non parecen as máis atractivas do mercado, ofrece certas
características destacables como a posibilidade de compartir a tarifa plana de
datos do iPhone cun iPad (actualmente de balde), a opción de poder utilizar o
iPhone en Europa por só 5 euros/día e o servizo de navegación GPS Ruta de Movistar, que será de balde para
os usuarios con Tarifa Plana iPhone Plus ou Tarifa Plana iPhone Premium.
Orange, pola súa banda, tamén anuncia
o seu cadro de tarifas para o iPhone 4, así coma adianta que, para
poder facerse cun iPhone 4 de 16 Gb de balde será preciso contratar unha tarifa
Delfín 79 (ou sexa, cun custo mensual de 79 euros), mentres que de contratar a
tarifa Delfín de 32 euros/mes o móbil sairía por 199 euros. Os máis impacientes
poderán adquirir o terminal a madrugada do xoves ao venres, cando varias tendas
de Madrid e Barcelona abrirán de 0:00 a 3:00 horas.
Vodafone é a compañía que menos detalles deu polo momento sobre o iPhone 4, confirmando
que, coma Orange, tamén abrirá
varias tendas a madrugada do xoves ao venres. De todos os xeitos, as
tarifas de Vodafone para o iPhone 4 apareceron na Internet, o que serviu para
que a xente de Applesfera fixese unha comparativa
coas tarifas do iPhone 4 nas distintas operadoras,
resultando a operadora británica a que posiblemente teña as tarifas máis
atractivas, aínda que quedará por ver o
prezo ao que venderá o terminal de Apple para poder ponderar con rigor as súas
tarifas.

- Táboa de comparación de tarifas do iPhone 4 publicada por Applesfera
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














