PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Airis introduce os portátiles de baixo custo en España

martes 8 de abril do 2008, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Infinity Systems anunciou que vai comezar a comercializar os seus ultraportátiles de baixo o vindeiro día 15, no que aparecerán os Airis Kira de cor negra e amarela/negra, mentres que os modelos en cor branca e rosa/branca se demorarán ata un mes despois.
Os novos Kira teñen pantallas de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador VIA C7-Mobile Ultra Low Voltage a 1 GHz, entre 512 Mb e 1 Gb de RAM, lector de tarxetas de memoria, modem/fax, Ethernet, Wi-Fi, webcam, saída de VGA, micrófono e altofalantes, incluíndo o sistema operativo Linpus de serie (aínda que por 50 euros adicionais se poden adquirir con Windows XP).

JPEG - 46.6 KB
O Airis Kira venderase en varias cores

Os modelos que se venderán serán o Kira 100 (con disco de memoria sólida de 2 Gb e batería de 4 celas), o Kira 200 (con 4 Gb de disco e batería de 4 celas), o Kira 300 (con disco duro de 1,8 polgadas de 40 Gb e batería de 4 celas) e o Kira 400 (con disco duro de 40 Gb e batería de 6 celas) que se venderán a 299, 349, 369 e 389 euros respectivamente, aínda que o Kira 100 tamén se poderá adquirir a 99 euros ao contratar 12 meses do Dúo ADSL de Telefónica.
Cómpre destacar que aparte destes equipos, Airis tamén conta co Kira N1070, que aínda que tamén é ultraportátil, non é de baixa gama (custa dende 899 euros).

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS