Altia é elixida pola Comunidade de Madrid para a renovación do seu portal corporativo

venres, 30 de decembro do 2016 Redacción
JPEG - 31.5 KB
Tino Fernández, presidente da firma galega Altia

Altia, compañía galega independente de consultoría e prestación de servizos TIC, vén de anunciar a súa colaboración coa Axencia para a Administración Dixital da Comunidade de Madrid (Madrid Dixital) en canto á remodelación do seu portal corporativo (madrid.org) e de todas as webs que a compoñen. A empresa Altia foi elixida por Madrid Dixital grazas aos coñecementos da mesma en temas relacionados coa contorna tecnolóxica e funcional do portal adquirido nun contrato anterior de cambio de versión do content server (Oracle Web Center Sites) sobre o que está soportado o devandito website na actualidade.
Desta volta, o traballo de Altia focalizouse na construción do conxunto de elementos e compoñentes de software da nova plataforma tecnolóxica (baseada en Drupal7) e sobre a que se construíu a arquitectura básica para a remodelación do portal corporativo e de todos os portais subxacentes para chegar ao novo portal de transparencia da Comunidade de Madrid.

PUBLICIDADE