Amazon paga 970 millóns de dólares por Twitch

luns, 25 de agosto do 2014 Marcus Fernández

O último torneo internacional de Guild Wars 2 puido seguirse a través de Twitch

Pese as informacións que deron por confirmada a compra de Twitch por parte de YouTube, de xeito que a compañía de Google pagaría 1.000 millóns de dólares polo servizo de streaming de videoxogos máis popular actualmente, o director xeral de Twitch, Emmet Shear, anunciou oficialmente hoxe que veñen de vender a compañía, pero o comprador non estaría en Mountain View, senón que sería Amazon, compañía coa que aseguran compartir valores e visión a longo prazo. Esperan que a adquisición por parte dunha grande empresa axude a que Twitch poida medrar aínda a un mellor ritmo, xa que terán un maior músculo financeiro, á vez que manterán a independencia, xa que continuarán a operar como unha marca independente, mantendo empregados e oficinas.
Ao parecer, Amazon pagaría aproximadamente 970 de dólares por Twitch, o que pode resultar abraiante se temos en consideración que Twitch non existía hai 3 anos. O forza actual de Twitch é innegable, conseguindo callar moi fondo entre o público mozo, de aí que resulte moi interesante para certas compañías facerse con este negocio, xa que o potencial de crecemento é moi grande.
Se miramos atrás podemos ver como Twitch pasou de ter 20 millóns de usuarios/mes en 2012 a 45 millóns en 2013; tamén aseguran que o 58% dos espectadores de Twitch pasan máis de 20 horas á semana no servizo, conseguindo así un uso aínda máis intensivo que servizos como Netflix ou YouTube, o que é todo un signo do cambio cultural que está a producirse coa influencia dos videoxogos.

PUBLICIDADE