Android for Work estrea aplicación
xoves, 16 de abril do 2015
Android 5.0 inclúe ferramentas para facilitar a
administración de terminais móbiles dentro da empresa, pero para espallar estas
funcionalidades entre un meirande número de dispositivos dende Google publica
na súa tenda de aplicacións Android for Work.
A nova aplicación permite que os administradores de sistemas poidan integrar o
smartphone do traballador na empresa, separando no dispositivo os datos
profesionais dos persoais, controlando a distribución de aplicacións e incluso
permitindo que os administradores poidan facer un borrado remoto dos datos da
empresa.
A información profesional almacénase no terminal de xeito cifrado, o que tamén
afectarÃa a ferramentas de produtividade, aplicacións de terceiros e
aplicacións desenvolvidas dentro da empresa, encargándose a aplicación de
Android for Work de facer funcionar estas ferramentas profesionais de xeito
efectivo.
Cómpre destacar que estamos ante unha aplicación para Android 4.x, xa que os
terminais con Lollipop xa contarÃan coas funcionalidades que achega de xeito
predeterminado.