Anuncian o programa da Compostela Mini Maker Faire

martes, 6 de outubro do 2015 Marcus Fernández

A primeira edición da Compostela Mini Maker Faire está cada día máis preto, e ese evento para divulgar o Movemento Maker, que terá lugar o 17 de outubro de 10:00 a 20:00 horas en Área Central (Santiago de Compostela), pechou finalmente o seu programa, no que mesturan gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, obradoiros, arte urbano, electrónica, concertos, artesanía e outros elementos baixo a filosofía do DiY (faino ti).
Os obradoiros (con prazas limitadas) que se desenvolverán durante toda a xornada serán os de Graffiti, Artesanía, Intervención sobre artesanía e Escultura colaborativa, mentres que outros obradoiros repartiranse como indica o seguinte horario:
- 10:00 – 12:00 – Plastilina condutiva
- 10:00 – 13:00 – Robótica pais/mais-fillos
- 10:00 – 12:00 – Papiroflexia
- 11:00 – 18:00 – Artesanía (looping)
- 16:00 – 18:00 – Cervexa artesanal
- 16:00 – 18:00 – Patchwork
- 16:00 – 18:00 – Cámaras estenopeicas
- 16:00 – 18:00 – Ecodeseño
- 18:00 – 20:00 – Papiroflexia
- 18:00 – 20:00 – Electrónica e música
- 18:00 – 20:00 – Plastilina condutiva
Completan a programación unha serie de mesas de debate:
- 11:00 – Makers
- 12:30 – Gastromakers
- 16:00 – Espazos maker
- 17:30 – Educación
- 19:00 – Artesanía
Adicionalmente desenvolveranse 3 actuacións de Materia e Son que anunciaranse durante o vento por megafonía, de 13:00 a 15:00 horas haberá un DJ na zona de Relax, ás 21:00 horas sortearase unha impresora 3D e ás 21:10 horas o cómico e monologuista Víctor Grande porá o peche á xornada.

PUBLICIDADE