Anuncian os xogos que PlayStation Plus ofrecerá en xullo
xoves, 30 de xuño do 2016
Non só Microsoft levantou
o pé do acelerador cos seus Games with Gold, senón que Sony tamén fai o
mesmo cos xogos
que ofrece en PlayStation Plus durante o mes de xullo, que estarán
dispoñibles a partires do 5 de xullo, e son bastante discretos, especialmente
no caso da PlayStation 4, que recibirá Saints
Row: Gat Out of Hell (que poderÃa considerarse case como unha expansión
de Saints Row IV, e pode considerarse
un auténtico descoñecido pese levar ano
e medio á venda) e Furi (un hack and slash independnete que estréase
directamente a través de PS Plus).
Para PlayStation 3 os xogos que se recibirán en xullo resultan bastante máis
recoñecibles, xa que trátase de Fat
Princess e Call
of Juarez: Bound in Blood, xogos que aÃnda que teñen os seus anos enriba,
son garantÃa de diversión (de feito, o tÃtulo da saga de Call of Juarez está dentro da colección de Essentials para PS3).
No caso da PS Vita parece que PlayStation Plus é case o único xeito de facerse
con xogos para esta plataforma (para a que non se presentou ningunha novidade
durante a última conferencia de Sony, dando por feito que estamos ante un
sistema morto), e os tÃtulos que chegarán en xullo serán Prince
of Persia: Revelations e Oreshika:
Tainted Bloodlines (xogo de rol publicado o ano pasado).
VÃdeo no que amosan os xogos que incluirá PlayStation Plus en xullo