Apogee presenta un accesorio para ter son con calidade de estudio nun portátil

luns, 26 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Aínda que os ordenadores portátiles contan con toma de auriculares, non sempre dan unha calidade suficiente para os máis esixentes, de aí que Apogee Electronics presente Groove, un novo conversor dixital a analóxico (DAC) USB e amplificador de auriculares para poder escoitar música no Mac ou no PC con calidade de estudio.
O Apogee Groove sairá á venda en primavera por un prezo aínda por determinar, e entre as súas prestacións podemos destacar que soporta audio de até 24 bits e 192 kHz, conta con ESS Sabre DAC, coa tecnoloxía Constant Current Drive busca unha resposta de frecuencias ultra-suave con calquera auricular, consegue un rango dinámico moi elevado e unha distorsión mínima con 4 DAC por canle, ten unha saída máxima se 225 miliwatts a 30 ohms, conta con varios LED multi-cor para indicar o nivel e o estado, aliméntase e conéctase por USB 2.0, mide 95 x 30 x 16 milímetros e está construído nun corpo de aluminio de alta calidade (que, aparte do seu modelo normal negro, tamén terá versións en prata e ouro para celebrar o 30º aniversario de Apogee Electronics).

O Groove terá edicións especiais para celebrar os 30 anos de Apogee

PUBLICIDADE