Deputacon de Pontevedra

Esta web apoia  iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O noso boletín por e-mail conta xa con 3067 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia




Revista en PDF:

Descárgaa xa









 
Axencia Galega de Innovacion

iMit

Apple anuncia o iPhone 5 e renova os iPod Touch e nano

mércores 12 de setembro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

O Yerba Buena Center en San Francisco acolleu esta tarde o agardado evento de presentación do novo iPhone de Apple, encontro no que se confirmaron as moitas filtracións dos pasados días, de xeito que practicamente a única información relevante que quedaba por saber era a correspondente aos prezos e datas de lanzamento dos seguintes produtos.
Despois de que Tim Cook fixese o habitual repaso de datos de da súa compañía nos últimos meses (como que venderon máis de 7 millóns de unidades de Mountain Lion, que o número de iPad vendidos ata hoxe é de 84 millóns e que cada usuarios do tablet de Apple instala un promedio de 100 aplicacións) deu paso á presentación do iPhone 5, dispositivo que chegará aos EE.UU. (e outros mercados) o 21 de setembro mentres que en España teremos que agardar ao 28 do presente mes para velo á venda. Tamén dataron o lanzamento do iOS 6, que estará dispoñibles para os dispositivos móbiles de Apple a partir do 19 de setembro.
O iPhone 5 chegará cun novo deseño, pantalla máis grande (4 polgadas cunha resolución de 1.136 x 640 píxeles, de xeito que ten unhas proporcións de 16:9, máis aptas para a reprodución de contidos audiovisuais), un grosor de 0,76 centímetros (un 18% menos que o iPhone 4S) e 112 gramos de peso (un 20% máis lixeiro que o seu predecesor).
O cerebro do trebello tamén se actualiza, cun potente chip A6 que promete dobrar o rendemento do anterior A5, á vez que conseguen axustar o seu consumo (o móbil aguantaría ata 8 horas de conversa ou navegación pola Rede e 10 horas de reprodución de vídeo), cámara traseira de 8 Mpíxeles con gravación de vídeo a 1.080p (permitindo disparar fotografías durante a gravación de vídeo) protexida por un resistente cristal de zafiro, cámara frontal con vídeo a 720p, nova conectividade sen fíos (en España soportaría velocidades 3G de ata 42 Mbps e Wi-Fi de ata 150 Mbps, mentres que noutros mercados soportaría LTE de ata 100 Mbps), novo conector Lightning (conector máis pequeno para o que estará dispoñible un adaptador para facelo compatible co vello conector de Apple), un novo sistema de mapas (prescindindo Apple do servizo de Google), recoñecemento de voz intelixente con Siri (finalmente en español), 3 micrófonos para conseguir un son máis nítido e uns novos auriculares chamados EarPods (nos que aseguran ter traballado durante 3 anos para conseguir unha calidade sonora única).

JPEG - 37.6 KB
O principal cambio do iPhone 5 foi a adopción dunha pantalla panorámica de 4 polgadas

Outro detalle a ter en conta no iPhone 5 é que, en vez de utilizar tarxetas micro SIM como o iPhone 4/4S, estrea un formato de tarxeta de telefonía, o nano SIM, que inicialmente estarán dispoñibles a través dunhas poucas operadoras que puideron proverse das mesmas.
Como consecuencia deste lanzamento temos que o iPhone 3GS queda descatalogado, e dende hoxe mesmo o iPhone 4 e o iPhone 4S baixan de prezo, podendo mercarse libres nas tendas de Apple por 389 e 569 euros respectivamente (cando hai poucas horas custaban 512 e 614 euros).

Vídeo promocional do iPhone 5

Os reprodutores iPod tamén se actualizan

Tras a presentación oficial do teléfono máis agardado do mercado, chegou a quenda dos reprodutores multimedia portátiles, dos que a principal novidade foi o iPod nano, por mudar a súa aparencia de xeito significativo, converténdose no iPod ano máis fino dos fabricados ata o momento (0,54 centímetros), adoptando unha pantalla táctil de 2,5 polgadas que case dobra en tamaño á da anterior xeración e cunha completa gama de cores. Tamén emprega os novos auriculares do iPhone (os EarPods) e o conector Lightning, ten unha capacidade de almacenamento de 16 Gb, goza de sintonizador de radio FM e o seu prezo é de 169 euros, podendo reservarse a partir do venres.
Tras este pequeno reprodutor chegou a hora de amosar o novo iPod Touch, que vén a ser unha versión reducida do iPhone 5, cunha pantalla Retina de 4 polgadas, cámara de 5 Mpíxeles con flash LED capaz de gravar vídeo a 1.080p, cámara frontal para videoconferencia, procesador A5 de dobre núcleo, compatibilidade con Siri, Bluetooth 4.0, conector Lightning, auriculares EarPods, un grosor de só 6,1 milímetros, un peso de 88 gramos. Externamente destaca por chegar nunha atractiva gama de cores, e venderase en capacidades de 32 e 64 Gb a un prezo que parte dos 319 euros, comezando o seu proceso de reserva o vindeiro venres.
ACTUALIZACIÓN: O evento de presentación do iPhone 5 pode verse íntegro dende a páxina web de Apple.
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS