Apróbase a correspondencia dos vellos títulos universitarios de Informática ao marco español de cualificacións

venres, 24 de abril do 2015 Redacción

O distintos colexios profesionais de enxeñeiros en Informática de todo o Estado levan meses reclamando que as súas titulacións figurasen no Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES) coa súa pertinente equivalencia de nivel (ferramenta empregada para a homologación, equivalencia e convalidación de estudios e títulos estranxeiros cos seus correspondentes españois e tamén para establecer as correspondencias entre as vellas titulacións e os actuais títulos de Grao e Máster) e finalmente o Consello de Ministros aprobou as resolucións que recoñecen a correspondencia da Enxeñería en Informática no nivel 3 do título de Enxeñaría e no nivel 2 no caso das Enxeñarías Técnicas en Informática de Sistemas e de Xestión.
Para concluír este procedemento só resta a súa publicación no Boletín Oficial do Estado e a inscrición destas resolucións no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos para que causen efectos académicos e profesionais de conformidade coa normativa sectorial correspondente.

PUBLICIDADE