Arredor de 700 persoas participan a partir deste venres en EscolaTIC

venres, 17 de abril do 2015 Redacción

Este venres 17 (até mañá pola tarde) desenvólvese no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de EscolaTIC, un evento sobre docencia e novas tecnoloxías inzado de conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade . O programa contará coa presenza de persoeiros de grande relevancia no ámbito educativo, como son César Poyatos, Linda Castañeda e Andrea Giráldez, e servirá de vehículo á presentación de experiencias de integración da tecnoloxía en centros galegos. Segundo informou a organización esta semana, o número de persoas que van participar na experiencia rolda a cifra de 700, o que nos dá unha idea nidia da importancia e do alcance da iniciativa.
A creatividade, o desenvolvemento das competencias no mundo tecnolóxico no que se atopa o ensino e o emprego dispositivos “de forma efectiva e creativa” serán os temas centrais das conferencias plenarias que se irán desenvolvendo a partir deste venres logo do xantar.
Os obxectivos que se pretende acadar son os seguintes: Primeiro, impulsar e apoiar o compromiso do profesorado coa modernización educativa a través da aplicación das TIC nos procesos de ensino-aprendizaxe; segundo, promover o intercambio de experiencias de boas prácticas coas novas tecnoloxías dixitais; terceiro, reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribuirán a unha mellor integración das TIC nos centros.
O evento vén da man da Consellería de Cultura e Educación e das Estruturas de Formación Permanente do Profesorado.
Programa do venres 17
16:15 - 16:45
Acreditación e control de sinaturas.
Recepción
16:45 - 17:00
Inauguración
Sala Santiago
17:00 - 17:30
Conferencia A transformación da educación na era dixital. Unha visión dende Galicia/ Manuel Vila López / Carlos Vázquez Mariño.
Sala Santiago
17:30 - 19:00
Conferencia Competencia dixital docente ou competencia docente nun mundo dixitalizado. Linda Castañeda
Sala Santiago
19:10 - 20:00
Experiencias.
Escornabot: Robótica infantil para todas as idades. Tucho Méndez e María Pousa.
Sala Santiago
Experiencias.
Portafolios dixital en educación secundaria: ePortafolio de estatística matemática. Luis Javier Rodríguez.
Sala Obradoiro
Obradoiros. Personaxes de Andel. Nuria Garabal e Susana Lamela.
Sala 12
Sala Aberta. Atención á diversidade e universo dixital. Juan José Fernández.
Sala 25
20:10 - 21:00
Experiencias. As Barxas Emprende: Produtora Audiovisual /Luz Beloso e María José Soto.
Sala Santiago
Experiencias. Senticolor/José Ángel Penas.
Sala Obradoiro
Obradoiros Personaxes de Andel/ Nuria Garabal e Susana Lamela.
Sala 12
Sala Aberta A Formación en TIC, está á altura?/Pablo Nimo.
Sala 25

PUBLICIDADE