As chamadas a través de WhatsApp comezan a chegar ao iPhone
martes, 21 de abril do 2015
Os
usuarios de iPhone están a recibir dende hoxe unha actualización
da aplicación de WhatsApp Messenger que finalmente inclúe a posibilidade de
realizar chamadas de voz a través de redes de datos, ou sexa, que permite facer
chamadas fóra do plan de chamadas do operador móbil (o que nalgún caso poderÃa
supor cargos polo uso de datos móbiles), funcionalidade que xa leva un tempo
funcionado en smartphones con Android, e que agora avanza de xeito
significativo ao abrirse a iOS.
Cómpre lembrar que a actualización da aplicación non supón a activación
automática da nova funcionalidade, senón que haberá que agardar a que WhatsApp
active a cada usuario a posibilidade de realizar chamadas, o que comezou a
facer de xeito progresivo, pero que poderÃa tardar semanas en chegar a todos os
usuarios desta aplicación de correo instantáneo que tamén recibe melloras como
permitir editar contactos directamente dende WhatsApp e enviar varios vÃdeos á
vez (permitindo recortar e xirar os vÃdeos antes de mandalos).