As consolas PlayStation gozarán dun novo xogo de Dragon Quest
luns, 1 de setembro do 2014
Esta mañá Sony realizou unha rolda de prensa para o público xaponés,
que pechou cun importante anuncio: a PlayStation 4 terá un novo xogo da
franquÃa Dragon Quest que levaba unha
década afastada da marca PlayStation. De todos os xeitos, Dragon Quest Heroes non será un xogo habitual da saga de Sqare
Enix, senón que estariamos ante un tÃtulo desenvolvido por Omega Force que, en
vez de optar pola fórmula do RPG xaponés, adoptará o xénero mosou, ou sexa, que será semellante aos
tÃtulos da saga Dinasty Warrior, do
mesmo xeito que acontece con Hyrule
Warriors (xogo que supón a estrea dos personaxes de The Legend of Zelda en tal xénero de xogos de loita/combate). Este
novo tÃtulo tamén terá versión para PlayStation 3, mentres que a PlayStation 4
tamén gozará dunha versión da consola personalizada co gallo do lanzamento
deste xogo.
Polo momento non se sabe se este xogo chegará a Europa, o que posiblemente
estea supeditado ao éxito que teña Hyrule
Warriors no noso territorio, pois o xénero musou non callou entre o público occidental, estando considerado
como un tipo de xogo de nicho que en
moitos casos limita a súa distribución a formatos descargables (e sen localizar
ao español).
O último Dragon Quest do que gozaran
as consolas PlayStation fora Dragon Quest
8, lanzado en 2004, mentres que as súas dúas seguintes entregas limitáronse
a máquinas de Nintendo.
Trailer do xogo presentado esta mesma mañá
- Imaxe da versión especial da PlayStation 4 que sairá co gallo do lanzamento de Dragon Quest Heroes