As empresas do Mobile World Congress interésanse pola plataforma Signen da galega Tecalis
luns, 19 de febreiro do 2018
Entre
as empresas galegas
que van ter presenza na edición 2018 do salón Mobile World Congress
de Barcelona atópase (como
fixemos saber os días pasados dende Código Cero) a firma
Tecalis Innovación, con sede
de seu no Milladoiro (Ames).
Tecalis, segundo nos vén de informar, presentará na dita feira a
plataforma Signen, unha tecnoloxía de seu que permite asinar
acordos entre dúas ou máis persoas a través de diferentes xeitos,
algúns deles tan innovadores como os formatos de audio ou de vídeo.
Signen,
o primeiro produto propio da empresa galega, ten
importantes potencialidades para unha manchea de sectores.
A súa presenza no salón Mobile World Congress, que se celebra a
partir do 26 de febreiro, está a xerar interese. “Mesmo dende unha
moi coñecida multinacional tecnolóxica estadounidense que cotiza en
NASDAQ”, informa Tecalis.
A
plataforma Signen, amais de polo devandito, tamén salienta por ser
doada de empregar,
botando man da mesma filosofía accesíbel que WeTransfer, por poñer
un exemplo ilustrativo. A metodoloxía que mostra é ben sinxela:
modelo open
cun email
do emisor, email
do/os receptor/es,
documento que se adxunta, elixir método de sinatura-aceptación e
validación final da firma.
A
tecnoloxía de Tecalis, ademais, pode empregarse para contratos
privados entre persoas (compravenda, aluguer de inmóbeis, acordos de
carácter privado, etc) e pode usarse entre empresas (acordos
mercantís, en sinaturas de contratos e en todo tipo de documentos),
e tamén inclúe unha API aberta que permite integrar Signen cos
programas de xestión da nosa compañía.
Lembrar
tamén que a plataforma está elaborada con tecnoloxía Blockchain,
que garante a máxima seguridade, e é de balde. Pode usarse en
versión web ou en versión aplicación móbil para dispositivos con
iOS ou con Android.